O Lugo confirma a fichaxe como adestrador de Mehdi Nafti
Publicado o 13/10/2020 17:32
• O seu compromiso é polo que resta de temporada

Mehdi Nafti é ex xogador profesional e adestrador, e atesoura unha larguísima experiencia en fútbol ao máis alto nivel.
Como futbolista, desenvolveu a súa carreira en clubs como Toulouse FC, Racing de Santander, Birmingham, Aris Salónica ou Real Valladolid, entre outros. Disputou coa selección nacional de Tunes o Mundial de Alemaña 2006, e foi campión, co mesmo combinado nacional, da Copa Africana de Nacións en 2004.
Como técnico, ocupou os bancos de Marbella FC, Mérida AD, CD Badaxoz, e o campión africano, Es Sahel. O vínculo co club esténdese pola presente tempada.