CRTVG

Buscar

O Lugo estraga o gol inicial de Álex López e perde en Huesca (2-1)

Publicado o 25/01/2020 17:50

O Lugo perdeu na súa visita ao campo do Huesca por 2-1 pagando un mal inicio de segundo tempo no que viu como o cadro local remontaba o gol inicial de Alex López. Boa primeira metade dos lucenses no traballo defensivo, culminada cun bonito gol de López. Só pasaran uns minutos da segunda metade cando o Huesca logrou o empate cun tanto de Rafa Mir. E a seguir o Huesca marcou o segundo despois dun lanzamento de Eugeni que petou en Djaló e acabou na rede. O Huesca controlou o partido na segunda metade e aguantou o resultado. O Lugo queda con 25 punto, na zona baixa da clasificación. 

Huesca 2: Álvaro Fernández, Pulido, Sá, Miguelón (Pedro López 75), Galán, Mosquera, Rico, Eugeni (David Ferreiro 85), Sergio Gómez, Okazaki (Cristo González 75), Rafa Mir

Lugo 1: Ander, Leuko, Peybernes, Djaló (Josete 81), Gerard Valentín (Iriome 72), Kravets, Seoane (Hugo Rama 62), Grau, Alex López, Manu Barreiro, Cristian Herrera

Goles: 0-1 Alex López 32, 1-1 Rafa Mir 47', 2-1 Djaló 54' pm

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020