CRTVG

Buscar

O Lugo está na mesma situación que cando chegou Juanfran, seis partidos antes do final

Publicado o 28/04/2021 21:34

O Lugo ten que apelar á épica por segunda temporada seguida. Está na mesma situación que cando chegou Juanfran, con seis partidos por diante e na mesma posición, en descenso e a tres puntos da permanencia.

O Lugo recibe este venres o Zaragoza, un histórico escapando da zona baixa. Polo Anxo Carro tamén pasará o Mirandés, que trae os mellores recordos porque foi o partido da permanencia a temporada pasada. Na penúltima xornada chega un rival directo, o Cartaxena. E a liga remata fóra da casa, en Vallecas, co Raio xogando polo ascenso, igual que o Sporting. A outra saída será ó cabeiro, Albacete.

Difícil calendario para Rubén Albés e o Lugo, aínda que os xogadores xa viviron máis veces esta experiencia.

Christian Herrera: "Non escollo ningunha porque son situacións complicadas. O que podo dicir é que está na nosa man. Temos que centrarnos en nós, que somos os únicos que podemos sacalo".

Juanfran logrou catro vitorias e dous empates e empezou gañando contra o Numancia, un rival directo que acabou descendendo. Rubén Albés gastou o seu primeiro cartucho en Ponferrada pero hoxe recibiu o visto e prace dun peso pesado do vestiario: "Deu un gran cambio en canto a competir, actitude e saber o que se quere. Parécese a Mehdi en intensidade".

Sempre quedará a dúbida de se con Mehdi Nafti se tería chegado a esta situación.