CRTVG

Buscar

O Lugo empata en Xixón

Publicado o 12/05/2019 15:05

A igualada deixa varias lecturas positivas

Malia o lamento pola ocasión estragada, o empate en Xixón ofreceu varias lecturas positivas. Unha delas, deixar a porta a cero tras recibir oito goles nas tres últimas xornadas. A aposta por unha defensa de cinco deulle solidez ao equipo, tal e como recoñece Eloy Jiménez.

Eloy Jiménez, adestrador do C. D. Lugo: "Sabiamos que eles teñen moito potencial no xogo directo, buscan a segunda xogada e nós quixemos acumular máis xente na parte defensiva, con defensa de cinco ter máis solidez defensiva porque sabíamos que tiñamos que alargar o partido desde a portería a cero".

Positivo foi tamén o paso adiante que deu o equipo na segunda metade, en que contou con tres boas oportunidades para marcar, dúas delas de Josete, quen lle puido dar a vitoria nunha cabezada no tempo engadido. Malia todo, o empate dase por bo.

Josete, C. D. Lugo: "Eu valóroo como positivo porque tivemos as ocasións máis claras, creo que eles na primeira parte agoniáronnos moito, pero si é verdade que todo a base de xogo directo, sufrimos, saimos na segunda metade con outra mentalidade, tivemos as nosas, pero non as materializamos".

Os cartóns recibidos por Luis Ruiz e Valentín impedíranlles xogar o derbi ante o Deportivo. Pero, paradoxalmente, a sanción do catalán resulta positiva xa que por cláusula non podía ser aliñado e, deste xeito, volverá libre de castigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/05/2019