CRTVG

Buscar

O Lugo empata en Elxe con gol de Borja Domínguez

Publicado o 09/09/2019 17:34

Fáltalle a este Lugo máis fortaleza defensiva. Transmite aínda pouca seguridade. Media hora en Elxe e o veterano Nino, metro sesenta e oito de altura, cabecea só. Segue a ser este Lugo un equipo en construcción. Quizais por iso o porteiro ten máis traballo. E xa non só polo do penalti parado. Varo, que viviu á sombra de Juan Carlos a temporada pasada, foi quen máis animou ao equipo. Quen apareceu cando o rival apretaba. Quen evitou a malleira e sostivo o Lugo.

Tivo algo diso na segunda metade. E só precisou un par de arreóns no ataque. Borja Domínguez. Primeiro encontro como titular. Non xogara minuto algún nas dúas últimas xornadas. El marca o gol do empate e abriu unha vía de confianza para que o equipo buscase outro tanto.

Un equipo sólido que buscou nos minutos finais a primeira vitoria da temporada. Catro xornadas. 1 derrota. 3 empates.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019