CRTVG

Buscar

O Lugo empata en Elxe con gol de Borja Domínguez

Publicado o 09/09/2019 13:07

Fáltalle a este Lugo máis fortaleza defensiva. Transmite aínda pouca seguridade. Media hora en Elxe e o veterano Nino, metro sesenta e oito de altura, cabecea só. Segue a ser este Lugo un equipo en construcción. Quizais por iso o porteiro ten máis traballo. E xa non só polo do penalti parado. Varo, que viviu á sombra de Juan Carlos a temporada pasada, foi quen máis animou ao equipo. Quen apareceu cando o rival apretaba. Quen evitou a malleira e sostivo o Lugo. 

Tivo algo diso na segunda metade. E só precisou un par de arreóns no ataque. Borja Domínguez marca o gol do empate, no seu primeiro encontro como titular, non xogara minuto algún nas dúas últimas xornadas.

Un equipo sólido que buscou nos minutos finais a primeira vitoria da temporada. Catro xornadas. 1 derrota. 3 empates.

Noticias web

09/09/2019