CRTVG

Buscar

O Lugo elimina o Atlético Pulpileño con dous goles de El Hacen

Publicado o 16/12/2020 09:35

Non houbo sorpresas na Copa canto aos equipos de primeira división, pero si na segunda, onde caeu a Ponferradina ante o Portugalete de segunda B. Dos galegos, onte xogaron Lugo e Ourense e hoxe é a quenda do Coruxo. Os de Nafti clasificáronse logro de vencer o Atlético Pulpileño de Almería por 1 gol a 2.

Puidéronse adiantar os lugueses no minuto 56, pero o porteiro almeriense adiviñoulle a intención a Manu Barreiro. Nun equipo con moitas rotacións, foi El Hacen o xogador decisivo. Primeiro puxo en vantaxe o Lugo con este remate coa testa no minuto 57. O Pulpileño, de terceira división, empatou tan só dez minutos despois con este remate de Montero, que, logo de petar na barreira, supera a Varo. Pero no 88 chegaría a resolución do encontro. Novamente El Hacen batía a portería de Cristian e clasificaba o Lugo para a seguinte rolda.

Noticias web

16/12/2020