CRTVG

Buscar

Empate sen goles entre o Lugo e o Deportivo nun derbi galego frío

Publicado o 02/12/2019 09:27

Ambiente frío, derbi xélido o que disputaron o Lugo mailo Deportivo que deixou todo como estaba antes de empezar.

Os lucenses seguen sen perder en Segunda ante os coruñeses e manteñen os nove puntos de distancia na clasificación.

Puideron ser doce, se Manu Barreiro convertise esta clarísima ocasión aos tres minutos noutra saída decepcionante dos coruñeses no encontro. Esta vez non tivo consecuencias.

En ataque, os de Luis César só contaron co entusiasmo de Mollejo, o único que levou perigo ao marco de Cantero.

O meta foi decisivo en dúas paradas no primeiro tempo.

Tamén volveu resultar determinante Dani Giménez na segunda metade logo dun durísimo disparo de Rahmani.

E de seguido, Manu Barreiro volveu dispoñer doutra boa ocasión nunha cabezada que marchou fóra por pouco.

Segundo pasaban os minutos, o Deportivo foi apagándose e os seus achegamentos eran cada vez máis escasos. Este disparo de Koné a trece minutos para o remate foi o máis perigoso dos coruñeses no segundo tempo.

En resumo, pouco fútbol para tanto derbi. Para os técnicos, o empate tivo distintas lecturas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019