CRTVG

Buscar

O Lugo e o Alcorcón anuncian un partido intenso

Publicado o 01/09/2019 14:38

Dous empates en dous partidos, trinta e catro disparos realizados, só sete remates a porta concedidos e unha liña de xogo ascendente son os argumentos que presenta o Lugo ante o Alcorcón e que lle dan unha idea a Fran Fernández do encontro que lle agarda.

Fran Fernández. Adestrador do A.D. Alcorcón. "Ten fútbolistas físicos con gran poderío no xogo aéreo e tamén ten xogadores de calidade e, sobre todo, é un equipo que compite moi ben, xa o fixo moi ben no final da temporada pasada e manteñen a base e nestes dous partidos xa vimos a dificultade que lle puxeron aos seus rivais e me imaxino un partido moi igualado, moi intenso".

Nunha liña semellante se expresa Eloy Jiménez sobre o seu rival, quen gañou en Soria na primeira xornada e perdeu na casa ante o Elche nun partido no que Aguilera viu o cartón vermello. Para o técnico lucense, a súa ausencia, pode modificar o estilo dos madrileños.

Eloy Jiménez. Adestrador do C.D. Lugo. "É un equipo que ten bó xogo exterior e arriba xente poderosa no xogo directo. Cecais esta semana teña máis control de partido porque me imaxino que poñerá a xogar a Dorca".

O Lugo, pola súa parte, non poderá contar con Canella expulsado na pasada xornada ante o Oviedo. Lebedenko prevese coma substituto.

Noticias web

01/09/2019