O Lugo descarta unha campaña de socios para a vindeira temporada
Publicado o 11/08/2020 22:17
Contemplan abonos para a segunda volta
A vindeira temporada será a novena consecutiva do Club Deportivo Lugo na Segunda División. A salvación na pasada campaña viviuse coa máxima alegría.
O presidente está convencido de que Juanfran é o líder que necesitaba o equipo. Ademais, hoxe asegurou que non vai haber campaña de socios para a vindeira temporada, pero si contemplan un abono para a segunda volta no caso de que se autorice o regreso do púbico.
Ademais, Saqués desvela que durante a pretemporada só poderán enfrontarse a equipos da Primeira e Segunda española.