CRTVG

Buscar

O Lugo declara instransferible a Vieira e ve prioritario reforzar a defensa

Publicado o 14/07/2019 13:25

Esta foi unha das imaxes máis repetidas da semana no Anxo Carro. A presentación de xogadores. Unha situación que, segundo avanzou o novo secretario técnico do club, Manolo Mandiá, pode ter continuidade nos vindeiros días. 

Manolo Mandiá, secretario técnico do C. D. Lugo: "Estamos en negociacións continuas tanto de entradas como de algunha saída, pero ata que estea feito non podes dar por pechado nada, entón imos agardar, ver como se dan os acontecementos e a ver se a vindeira semana podemos seguir véndonos aquí".

Mandiá non deu nomes, pero si as posicións que pretende reforzar o club.

Manolo Mandiá, secretario técnico do C.D. Lugo: "Un central e un lateral esquerdo teñen que vir, seguramente tamén veña un extremo ou dous incluso e seguramente un centrocampista máis, e intentaremos traer un punta se podemos".

Máis claro e contundente foi o técnico respecto á continuidade de Vieira, indiscutible para Eloy. 

Manolo Mandiá, secretario técnico do C. D. Lugo: "O representante de Miguel Vieira chamou o presidente para ver se había a posibilidade de que puidese saír, porque tiña algunha oferta, pero o presidente foi tallante e díxolle que este ano era intransferible".

Mentres tanto, o equipo segue en fase de construción cara ao primeiro encontro da pretemporada. Será o vindeiro sábado en Portonovo ante o Celta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019