CRTVG

Buscar

O Lugo decide o futuro de Eloy Jiménez

Publicado o 26/12/2019 15:28

E esta tarde reúnense Tino Saqués e Manolo Mandiá. Deciden o futuro de Eloy Jiménez. O Lugo rematou a primeira volta con vinte e dous puntos. Insuficientes se a cifra é a da segunda volta.

Eloy Jiménez, por ese motivo e polo fútbol que practica o Lugo, leva cuestionado algunhas semanas. No seu déficit aparece, ademais, a eliminación en Copa. Eloy Jiménez comentou que o equipo está con el e que iso é o que lle importa. Pode ser destituído esta tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/12/2019