O Lugo de Rubén Albés estréase este sábado en Ponferrada: "Quero ver un equipo con paixón"
Publicado o 23/04/2021 21:13
Leva apenas catro días no club pero Rubén Albés agarda ver un Lugo diferente no seu debut ante a Ponferradina.
Albés: "Quero ver un equipo con paixón, que transmita cousas"
Non se recuperou finalmente o Puma Rodríguez, unha das cinco baixas sensibles que ten o Lugo, canda Canella, Xavi Torres, Iriome e Gerard Valentín: "Non me gusta falar dos que non poden estar porque debilita pero somos conscientes de que son futbolistas importantes"
Aínda así confía en que os goleadores recuperen o olfacto: "Eu creo que van marcar"
Manu Barreiro, de penalti, marcou a temporada pasada no Toralín e o Lugo levou unha vitoria clave para a salvación cando faltaban catro xornadas para o final.