O Lugo de Nafti, imbatible no Anxo Carro
Mehdi Nafti chegou a Lugo cun obxectivo claro. Para pensar na salvación era obrigatorio facer do Anxo Carro un fortín. Non era precisamente a idea máis revolucionaria da historia do fútbol, pero o certo é que a mensaxe chegou.
O Lugo non perde na casa con Nafti no banco. E pasaron rivais da altura do Xirona, o Raio, As Palmas ou o Spórting. Ningún deles foi quen de sacar os tres puntos do feudo lucense. 4 vitorias e 3 empates, 15 puntos Este sábado chega o Tenerife e os albivermellos teñen nese partido a posibilidade de igualar unha marca histórica do club.
Só unha vez estiveron máis tempo sen perder na casa. Foi na temporada 2014-15 a última de Quique Setién no banco. Daquela o Lugo estivo invicto na casa ata a décimo quinta xornada. Foron 8 partidos como local sen perder, un máis dos que levan agora. Nafti sabe ben qe o camiño da salvación pasa polo Anxo Carro. É ben sabido que coma na casa non se está en ningún lado e máis nestes tempos.