CRTVG

Buscar

O Lugo confirma o regreso de Kravets

Publicado o 15/01/2020 21:41

Hoxe o Lugo confirmou o regreso do lateral Vasyl Kravets. O ucraíno chega cedido polo Leganés ata final de temporada xusto un ano despois de deixar a disciplina luguesa para incorporarse ás filas madrileñas.

En xaneiro do 2019, o Lega pagara 2 millóns e medio de euros por el. Un ano despois regresa ao Lugo e convértese no primeiro reforzo no mercado de inverno. Mañá terá lugar, de novo, a súa presentación no Anxo Carro. Por certo, o Lugo está xogando arestora en Vallecas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020