CRTVG

Buscar

O Lugo coñecerá ao seu rival na Copa do Rei tras eliminar a domicilio ao Albacete

Publicado o 14/09/2018 21:44

O C.D. Lugo coñecerá ao seu rival na 3ª eliminatoria copeira este mediodía. O Celta, como equipo de Primeira División, aínda non entrará nesta fase mentres que os lugueses seguen adiante na Copa tras lograr o primeiro triunfo a domicilio da temporada.

Os de Javi López gañaron en Albacete por 2 goles a 3. O primeiro gol chegou despois de acción de DOngu, que asiste a Lazo para que marque a pracer. Minuto 2.
No 11, esta perda de balón propiciou o empate do Albacete. Marcou Ortuño.
No 35, centro de Juan Muñiz desde a esquerda e gol de Chus Herrero en propia porta.
O propio Juan Muñiz asinou o mellor gol da noite con esta falta directa. Era o 1 a 3.
Xa no tempo engadido, Reey Manaj logrou o segundo do Albacete. De pouco serviu. O Lugo xa está na 3ª rolda da Copa do Rei.

No resto das eliminatorias tamén houbo algunha que outra sorpresa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018