O Lugo chega ao ecuador da liga con números de permanencia: "Espero unha segunda volta moi boa"
O Lugo finalizou a primeira volta sumando un punto de penalti no último minuto que lle soubo mellor ao goleador Manu Barreiro que a Nafti.
Manu Barrreiro: "Hai que darlle valor ao punto"
Mehdi Nafti: "Vaste cun punto, pero fáltanme dous"
O Sabadell marcou primeiro e o Lugo dispuxo de máis dunha ducia de ocasións que non concretou ata o final, por iso Nafti non estaba contento. O partido non respondeu á súa filosofía.
Nafti: "Prefiro ter menos oportunidades e que o rival non teña ningunha"
O resultados avalan a Nafti no ecuador da liga. Colleuno en descenso e agora ten oito puntos de marxe. E agarda máis para a segunda volta.
Nafti: "Gustaríame ter máis puntos, pero estou moi contento cos meus xogadores. Levo aquí dezaseis partidos de liga e tres derrotas. Non está mal pero vou esixir máis. Espero facer unha segunda volta moi boa".
O Lugo desansa a próxima fin de semana e retomará a liga o sábado 23 na casa contra o Tenerife.