CRTVG

Buscar

O Lugo busca ter unha temporada menos complicada ca a pasada

Publicado o 02/08/2019 17:00

Esta vai ser das poucas ocasións nas que Eloy Jiménez queira ver o seu equipo tan estático. Foto fixa do C.D, Lugo concentrado en Vilalba e coa vista posta no arranque dunha temporada que non queren tan sufrida coma a anterior, malia que a reacción dos últimos partidos sexa un exemplo en que mirarse.

Peso pesado do vestiario e futbolista de exquisito manexo de balón, Carlos Pita afronta retos propios: terá que atrasar a súa posición máis habital do centro do campo ao centro da defensa.

Pita xa xogou nantronte contra o Oviedo, nunha sorte de ensaio xeral de equipo, no centro da zaga, mentres o medio campo armaba con dúas das novas chegadas: o galego Borja Domínguez e o canteirán madridista Jaume Grau, do que non aforran eloxios.

Ilusión a esgalla en Lugo para afrontar unha nova temporada en Segunda; e xa van oito, máis ou menos sufridas pero con moito mérito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/08/2019