CRTVG

Buscar

O Lugo busca pechar o plantel: quere un central e un home de banda

Publicado o 31/08/2019 14:11

As dúas fichaxes realizadas polo Lugo durante a semana non van estar ante o Alcorcón.

Jilmar Torres ven de ser cedido ao Andorra e Marcelo Djaló foi convocado pola selección de Guinea Bissau.

Mentres tanto, o clube segue a traballar na incorporación de xogadores ao plantel, entre eles outro central.

Manolo Mandiá. Secretario técnico do C.D. Lugo. "Creo que é unha posición da que levamos falando dela todo o verán, evidentemente estamos mirando e temos unha cousa avanzada".

Ademáis, o clube tamén quere reforzarse cun home de banda.

Manolo Mandiá. Secretario técnico do C.D. Lugo. "Sabemos que é necesario e tentaremos cubrir esa posición cun xogador que nos guste e nos mellore ou que compita de verdade co que temos, non?".

O secretario técnico desmentiu que o Lugo tivera problemas para inscribir xogadores por culpa do límite salarial.

Manolo Mandiá. Secretario técnico do C. D. Lugo. "En ningún momento tivemos ningún problema, xogador que fichamos, xogador que inscribimos".

O mercado pecharase o luns ás doce da noite.


 

Noticias web

31/08/2019