CRTVG

Buscar

O Lugo busca no Anxo Carro o primeiro triunfo desta Liga

Publicado o 14/09/2019 14:33

Os xogadores analizan as chaves deste inicio infrutuoso

Sete partidos sen gañar, os tres últimos da pasada temporada e os catro da actual, fan que o Lugo leve catro meses agardando pola súa vitoria número cen en Segunda, aínda que os xogadores non se amosan preocupados.

Seoane. C. D. Lugo. "A todos nos gustaría ter inaugurado o casilleiro de vitorias, pero creo que as sensacións comparadas coas do comezo do ano pasado non teñen nada que ver, seguimos crecendo".

A mesma opinión ten o central José Carlos, quen considera que o equipo está a pagar a súa fraxilidade nas dúas áreas.

José Carlos. C. D. Lugo. "O principio da Liga tampouco foi moi malo, o que si é verdade é que erros puntuais condenáronos un pouco, pero o equipo está a traballar para evitar eses erros e a vitoria chegará pronto"

Outra das chaves para Seoane está en adiantarse no marcador, xa que en tres das catro xornadas, tiveron o resultado en contra.

Seoane. C. D. Lugo. "Ogallá se poda dar porque eso vai facer que o contrario teña que abrirse máis, arriscar máis, e ahí podemos aproveitar o tema. A ver se este domingo se cumpren todas esas cousas, poñernos por diante e gañar porque o equipo necesitao".

De ahí que ante o Fuenlabrada, o Lugo pense en saír ao cento polo cento.

Noticias web

14/09/2019