CRTVG

Buscar

O Lugo busca gañar na casa

Publicado o 19/10/2019 14:57

Os de Eloy xa perderon trece puntos no Anxo Carro

O medo escénico está a poder co Lugo, derrotado nos dous últimos partidos no Anxo Carro, onde fuxiron trece dos dezaoito puntos disputados. Os de Eloy levan un mes sen gañar na casa e isa é unha das razóns polas que o equipo recibe ao Huesca en posición de descenso.

Eloy Jiménez. Adestrador do C.D. Lugo. "Os obxectivos pasan por ser fortes na casa, como che dixen gañar un partido, coller confianza, que a afección veña mentalizada para apoiar ao equipo, eso é importante para os xogadores, eles mesmos o din, e no momento no que se obteñan resultados, volveremos a ser os que éramos"

Enfronte terá ao Huesca, quinto na clasificación, e que perdeu tres dos cinco partidos disputados fóra da casa, o último deles en Cádiz. Por eso mesmo, Míchel busca recuperar a identidade perdida.

Míchel. Adestrador do S.D. Huesca. "Agardo un partido moi difícil, como todos os que se disputan na categoría, cecais no caso do Lugo é un equipo que utilizou varios sistemas de xogo, ahí foi onde nós fixemos máis fincapé durante a semana, nas posibilidades que nos poden presentar en contra, pero tamén coa sensación de ser nós mesmos."

O Lugo afronta este partido ademáis co reto de vencer por primeira vez ao Huesca no Anxo Carro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019