CRTVG

Buscar

O Lugo busca ante o Numancia a segunda victoria consecutiva

Publicado o 26/10/2019 14:22

As vitorias dan un plus de enerxía e positivismo, máxime se chegan despois de moito sufrimento e se serven para sacar a cabeza fóra da auga. Iso aconteceu contra o Huesca. E con esa maleta cargada de boas sensacións vai o Lugo esta tarde á casa do Numancia.

Fóra dos postos de descenso, o equipo lucense busca sumar outros tres puntos para continuar a escalada na clasificación. Un reto que semella pouca cousa, pero que non logra dende xaneiro do ano pasado.

O conxunto soriano, gran veterano na Segunda división, mantén baixo a batuta de Luis Carrión o bo xogo como premisa maior.

O Lugo nunca gañou como fóra da casa esta temporada, porén ao seu favor ten que tampouco perdeu como visitante.

Noticias web

26/10/2019