CRTVG

Buscar

O Lugo busca a vitoria ante un rival directo

Publicado o 14/12/2019 14:52
Os de Eloy aínda non gañaron a ningún dos seus perseguidores

O Lugo afronta o partido ante o Spórting como un choque directo na loita pola permanencia. A situación resulta estrana para o lucense Canella, o decimoterceiro xogador con máis partidos na historia do equipo asturiano. 313.

Canella. C.D. Lugo. "Creo que ten moi bo equipo, fixeron moi boa plantilla desde o inicio de temporada, ten xogadores que coñecen a categoría, que son moi bós nos seus postos e a verdade si que é un pouco estrano velo onde está, pero ao final é o que ten a Segunda división, nunca sabes quen te vai gañar nin como vas estar..."

O central Peybernes tamén se amosa sorprendido coa traxectoria do seu ex equipo cunha vitoria e un gol nos cinco últimos partidos.

Peybernes. C.D. Lugo. "Faltanlle un pouco os goles, pero conozco a Juca, que traballa moito, que axuda ao equipo, que apreta durante os noventa minutos, que fai moito esforzo, ao final fáltanlle os goles, pero ven de marcar no último partido."

Nesta situación, o Lugo busca rachar cunha xeira negativa ante rivais directo aos que foi incapaz de gañarlles esta temporada. Canella e Peybernes apuntan as solucións.

Canella. C.D. Lugo. "Ser sólidos, sólidos atrás e contundentes nas dúas áreas".

Peybernes. C.D. Lugo. "Temos que apretar desde o minuto un para gañar o partido".

Conscientes da importancia deste encontro, a mareona sportinguista contará en Lugo con màis de mil afeccionados.
 

Noticias web

14/12/2019