CRTVG

Buscar

O Lugo busca a primeira vitoria ante o invicto Fuenlabrada

Publicado o 15/09/2019 13:52
O técnico lucense descarta que o equipo teña ansiedade

Vencer para crer. Ese é o lema que Eloy tenta transmitirlle aos xogadores para lograr ante o Fuenlabrada o primeiro triunfo da temporada.

Eloy Jiménez. Adestrador do C.D. Lugo. "É cuestión de obter un resultado positivo para que collamos confianza nese aspecto, non en canto a xogo senon a resultados, non?".

Malia os catro partidos que levan sen gañar e malia a cantidade de ocasións creadas para facelo, o técnico descarta que o equipo teña ansiedade pola vitoria.

Eloy Jiménez. Adestrador do C.D. Lugo. "Ansioso non vexo ao equipo, cando un grupo traballa e confía no que fai, sabe que os resultados van chegar, eu estou convencido delo tamén porque mo transmiten. En ningún momento vexo nerviosismo a ninguén, evidentememente temos que gañar na casa porque temos que empezar a sumar".

Enfronte vai estar o recén ascendido Fuenlabrada, invicto e revelación neste inicio de temporada grazas a súa fortaleza no xogo directo e nas accións a balón parado. Pero malia o seu gran estado de forma, o seu adestrador non se ve superior ao Lugo.

Mere Hermoso. Adestrador do CF Fuenlabrada. "Nin o somos, nin o sentimos. A competición dí que nós gañamos partidos nos minutos finais que perfectamente podían ter sido empates. O outro día merecimos gañar e non o fixemos, as diferenzas son mínimas, non teñen que ser unha referencia os resultados, o Lugo tamén se moveu en partidos moi apretados".

Tan apretados como para crer que a unión fai a forza.

Noticias web

15/09/2019