CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O Lugo asina a Joselu, dianteiro procedente do Mallorca

Publicado o 28/08/2015 21:44
No Lugo prometéronse máis fichaxes esta semana, e na previa do encontro co Llagostera, confirmouse a chegada dun novo dianteiro.

José Luis Moreno Barroso, Joselu, asina por dúas temporadas máis outra opcional. Dianteiro onubense de 24 anos formado na canteira do Vilarreal, co que chegou a xogar na Primeira e tamén a Liga de Campións, nas tres últimas temporadas acumulou experiencia na Segunda, no Córdoba, recreativo e Mallorca. O luns será presentado no Anxo Carro. Chega para porlle as cousas máis difíciles aínda a Luis Milla.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

28/08/2015