CRTVG

Buscar

O Lugo aparca a Liga para centrarse na Copa co Xirona (xoves, na G2)

Publicado o 05/01/2021 19:12

Mehdi Nafti enfróntase a un complicado quebracabezas. Xogou o luns contra o Spórting en liga. Xoga o xoves na copa co Xirona e volve xogar o luns co Sabadell. As rotacións vense reducidas porque o filial tamén ten partido durante a semana

A Copa é o partido inmediato pero a prioridade está na liga e na salvación. Segundo Nafti, "tentaremos pensar nos dous partidos, sabedes o que penso eu da copa pero tamén digo que imos pensar primeiro no partido do Xirona".

Un Xirona que xogou tamén o luns e non pasou do empate sen goles precisamente ante o Sabadell.

Nafti non poderá contar co Puma nin con Juampe. Antón, Luis e Quindimil, do fiial terán minutos. Tamén Canella e Djaló e El Hacen. Haberá rotacións pensando no partido do luns.

Noticias web

05/01/2021