CRTVG

Buscar

O Lugo, ante "o partido que agardabamos, unha final"

Publicado o 26/05/2021 21:31

• Xoga en Vallecas e o partido definitivo pola permanencia na Segunda División

Chegou o partido definitivo para o futuro do Lugo.
Ander Cantero, porteiro do Lugo: "É o partido que agardabamos. Vai ser unha final, unha guerra, cos dous equipos colgando os seus obxectivos".

O partido xógase en Vallecas e tamén noutros tres campos. O Raio pode relaxarse se o Sporting vai perdendo no Molinón, na súa pugna particular por unha praza na promoción de ascenso. "Iso é especular. No fragor do partido o xogador non sabe o que pasa".

Un partido que hai que saber xogar, con veteranía. "Estou tranquilo. Temos un equipo veterano que sabe manexar estas situacións".

O traballo do adestrador está a ser tamén mental. "Parecido ao ano pasado. Quere que saquemos o orgullo e está calando a súa mensaxe. Coma nas últimas semanas, imos deixar todo no campo". 

E terminar a temporada con apertas felices por quedar na Segunda División.

Noticias web

26/05/2021