CRTVG

Buscar

O Lugo acusa a súa falta de gol e perde 0-1 ante o Cádiz

Publicado o 02/09/2017 21:40

David Barral marcou, de penalti, o único gol do partido a cinco minutos do final

Continúa a seca de goles para o Lugo logo de tres xornadas. Os gaditanos gozaron das ocasións máis claras do partido disputado no Anxo Carro. O conxunto amarelo amosou as súas intencións cun disparo saído da dereita de Dani Romera que acabou dando no pau no minuto sete.

Na segunda parte, o colexiado sinalou penalti a prol do Cádiz por unha falta de Luís Muñoz que fixo que Moha acabara no chan. David Barral encargouse de transformar a pena máxima no único gol que se produciu en todo o encontro.

Os albivermellos, que pagaron cara a falta de acerto co gol, aínda gozaron dunha opción para empatar o partido. Tras unha asistencia de Cristian Herrera, Sergio Díaz rematou dende o centro da área, pero Cifuentes conseguiu frustrar o lanzamento á porta.

Preto do asubío final, o Cádiz puido aumentar a súa conta no marcador grazas a un contragolpe dos andaluces que Moha non foi quen de aproveitar malia conseguir desfacerse de Juan Carlos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2017