O Lugo acaba peor en Almería unha xornada que comezou mal
Derrota por 4-1 nun partido no que non estivo Nafti por protocolo Covid
O que mal empeza, mal acaba. O Lugo comezou a xornada perdendo ó seu adestrador por romper o protocolo COVID...
E rematou sendo goleado polo Almería nun partido cunha primeira metade tola na que os andaluces se adiantaron ós oito minutos cun penalti de Iriome a Sadiq, o segundo que comete o tinerfeño en doce días.
O lanzamento do dianteiro nixeriano rexeitao Cantero, pero a pelota caelle ao propio Sadiq que marca o un a cero.
O Almería puido aumentar a súa vantaxe oito minutos despois noutra ocasión de Sadiq que remata en penalti anulado por pisotón previo a Canella tras consulta co VAR do colexiado Arcendiano Monescillo.
E nese VAR e ven ía chega o tanto do empate lucense noutra xogada na que os lucenses reclaman man de Ivanildo tras un remate de Manu Barreiro non sinalado coma penalti. Foi despois de volver a consultar cando o árbitro sinala o castigo que transforma o propio Manu Barreiro.
Nada máis iniciarse a segunda metade, Lazo volvía poñer en vantaxe ó Almería aproveitando unha subida ao ataque do lateral Akieme.
Segundo gol da temporada do almeriense e segundo que lle fai ao Lugo tras deixar o equipo.
Nesta segunda metade fíxose ostensible a diferencia de pegada entre un e outro equipo. Porque de seguido Campabadal tivo o dous a dous, pero tropezou con Makaridze.
A resposta chegou en forma de gol para o Almería tras unha gran xogada de Sadiq convertida por Corpas que acababa de entrar por Aketxe.
O Puma puido recurtar diferenzas, pero tropezou co poste.
Circunstancia que aproveitou o Almería para facer o cuarto logo doutra espectacular xogada de Sadiq culminada por Corpas.
Undecimo gol do andaluz que pechaba o triunfo almeriense. Cinco xornadas leva o Lugo sen gañar nas que só sumou dous de quince puntos en xogo.