O loteiro que dixo que atopara o boleto da Primitiva declarará como investigado o 29 deste mes
Publicado o 18/11/2019 21:11

Xa hai data para que declare no xulgado o loteiro que dixo atopar o boleto da Primitiva que dende hai sete anos busca dono na Coruña. Será o próximo día 29 ante a titular do xulgado de instrución número sete da cidade. Vaino facer en calidade de investigado, igual que o seu irmán, delegado de Loterías e Apostas do Estado.
Nos últimos meses transcenderon máis detalles deste caso a raíz dun informe policial, en que se recolle que o loteiro chegou a comprobar ata en tres ocasións o recibo, nun intervalo de tempo moi curto, o que chocaría coa versión que el mesmo deu no seu día. Agora será o xuíz o que escoite as súas explicacións.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre a coruña
05/12/2019 15:02
04/12/2019 16:29