CRTVG

Buscar

O loteiro do caso da 'Primitiva sen dono' asegura estar "moi tranquilo" tras declarar

Publicado o 29/11/2019 19:29

O delegado de Loterías y Apuestas do Estado, Miguel Reija, asegura estar moi tranquilo tras declarar nos xulgados da Coruña como investigado no caso da coñecida como Primitiva sen dono premiada con case cinco millóns de euros. Tamén prestou declaración o seu irmán, Manuel Reija, principal sospeitoso de apropiarse do boleto premiado.

Manuel Reija, o responsable da administración de lotaría onde se localizou hai xa sete anos a millonaria aposta, entrou nos xulgados acompañado polo seu avogado. Prestou declaración durante tres horas, e á saída non quixo responder as preguntas dos xornalistas Manuel Reija "Nada, moitas grazas, nada, moitas grazas, grazas, eh"

O seu irmán, Miguel Reija, delegado de Loterías y Apuestas do Estado declarou durante dúas horas e á saida prometeu que dará explicacións públicas detalladas cando haxa sentenza. Miguel Reija Delegado de Loterías y Apuestas do Estado: "Tiña moitísimas gañas despois de sete anos de ter a oportunidade de explicar por primeira vez realmente todo o proceso e todo o que fixen e compromométome a facer unha conferencia de prensa unha vez que ditamine Maxistratura"

A avogada que representa o princial reclamante do boleto premiado, xa falecido, confía en que todo se aclare.
 María Belén Canosa, avogada: "Estamos comezando de verdade agora, agardamos que con bo paso, con bo camiño cara ao que pensamos que é a verdade"

Tamén van declarar como investigadas catro persoas que daquela tiñan cargos directivos na Sociedade Estatal de Loterías e Apostas do Estado pero farano en xaneiro e por videoconferencia.

Noticias web

29/11/2019