CRTVG

Buscar

O loteiro da Coruña que asegurou atopar o boleto gañador da Primitiva declarará a próxima semana

Publicado o 18/11/2019 14:31

Xa hai data para que declare no xulgado o loteiro que dixo atopar o boleto da Primitiva que dende hai sete anos busca dono na Coruña.

Será o próximo día 29 ante a titular do xulgado de instrución número sete da cidade. Vaino facer en calidade de investigado, igual que o seu irmán, delegado de Loterías e Apostas do Estado.

Nos últimos meses transcenderon máis detalles deste caso a raíz dun informe policial, en que se recolle que o loteiro chegou a comprobar ata en tres ocasións o recibo, nun intervalo de tempo moi curto, o que chocaría coa versión que el mesmo deu no seu día. Agora será o xuíz o que escoite as súas explicacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019