CRTVG

Buscar

O lobo volve ao ataque, agora na Lama

Publicado o 07/02/2020 13:44

Os gandeiros de Seixido están atemorizados polos ataques do lobo. As súas reses van desaparecendo do monte. Unhas volven feridas, coma esta vaca de Carlos, outras acaban cadáver e a maioría non volven aparecer.

Moitos están perdendo a ilusión polo negocio e vendendo os animais, tamén temen polas súas mascotas como este poni Pedro e mesmo polos nenos. Moitos deles xa baixaron os animais ás veigas ou ás leiras próximas ás casas para controlalos mellor.

Deixar comida no monte para os lobos ou facer unha zona de reserva para que non poidan saír e provocar danos nas aldeas son algunhas das solucións que propoñen estes gandeiros que xa están desesperados.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/02/2020