CRTVG

Buscar

O lobo matoulle tres cans a unha veciña da parroquia de Sitallo, en Cospeito

Publicado o 15/08/2019 17:26

Segundo conta a muller, ela xa vira aos lobos merodear pola zona, pero nunca pensou que lle fose facer nada aos seus animais, unha cadela de caza e dous cadelos de pequeno tamaño.

 

Son Estrella e Sergio, os veciños da Espiñeira, en Cospeito, aos que o lobo lles levou tres cans. Estrella ten a certeza de que foi o lobo porque ela xa o viu merodeando polas súas leiras e tamén na aira da súa casa. Tanto ela coma o seu home téñenlle algo de medo ao animal.

Tamén atopamos a outro veciño de Estreella camiñando pola zona. As cadelas que pasean canda el quítanlle todo o mdo ao lobo que puideran ter.

Chiqui é o único cadeliño que lle queda ao matromonio. Agora gárdano todas as noites. Estrella sente tanto a perda dos seus tres cans que xa non quere volver traer outro animal para a casa, por moito que lle aconsellen un mastín que lle torne o lobo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2019