O lobo mata unha vaca e deixa outra ferida nunha explotación de Vilar de Barrio
Practicamente comida está xa a vaca que foi vítima do ataque do lobo esta fin de semana. Ocorreu pola noite, nunha leira onde pastaban as vacas, na aldea de Porto, no concello ourensán de Vilar de Barrio. Segundo o dono a vaca, pesaba uns 300 quilos e estaba preñada de máis de 6 meses. Foron os veciños os que o avisaron.
Tras o ataque outra vaca quedou danada nun corno. O dono xa deu parte deste novo ataque do lobo nesta zona ao servizo da Consellería de Medio Ambiente.
Para Carlos, que ten unha explotación de 15 cabezas, este é o primeiro ataque que sofre, pero xa houbo máis ataques nesta zona. Di que o valor da vaca mais o da cría supóñenlle unha perda duns 2.000 euros. Os gandeiros piden medidas.
Os gandeiros aseguran que os ataques son continuos nesta zona ao pé da serra de San Mamede, por iso lle piden á Administración que busque unha solución.