CRTVG

Buscar

O lobo mata dúas ovellas a plena luz do día e coa dona diante en Baltar

Publicado o 18/09/2020 13:50

Como cada día Angelines estaba gardando o seu rabaño de ovellas nesta leira ao carón da aldea de San Paio, no concello ourensán de Baltar. Case sen decatarse e sen que puidera reaccionar, o lobo atacou e matoulle dúas ovellas.

Di que quedou impresionada polo tamaño do lobo, que xa tiña andado máis veces por aquí, pero nunca se achegara tanto.

Esta gandeira pide máis axudas para paliar os danos que ocasiona o lobo e di que se senten desprotexidos pola administración.

Xa chamou á Consellería de Medio Ambiente para dar parte da morte das súas dúas ovellas. E os técnicos xa estiveron comprobando que efectivamente fora un ataque de lobo. Agarda recuperar a perda.

Agora sen perder de vista o seu rabaño só espera que o lobo non volva.

Noticias web

18/09/2020