CRTVG

Buscar

O lobo mata catro años nunha explotación de Coirós

Publicado o 20/02/2020 13:43

Xosé Luis Panete amosaba este xoves á mañá o lugar onde o lobo devorou pola noite os restos dun dos 4 años que matou na sua finca antonte. Deixou gravemente ferida outra ovella que agoniza lonxe do rebaño e que hoxe será sacrificada.

Xosé Luis conta que o lobo volveu esta noite para devorar os restos dun año que quedaran na finca e a unha das nais deixouna ferida grave e está a piques de morrer.

O lobo matoulle 8 animais nos últimos 6 meses. Pero non é o único. Na Espenuca cóntanse por ducias. Manuel perdeu 2 cabras e 1 ovella hai 20 dias xusto detrás da casa. Ademáis das perdas económicas acusan a desmotivación. Cren que a Administración protexe máis ao lobo que aos que loitan por manter vivo o rural.

Manuel Pérez di que isto desanímao porque teñen as ovellas para coidar as fincas e tamén perden cartos.

Xose Luis Panete di que teñen as ovellas como pasatempo e para manter as fincas limpas e se segue actuando o lobo non lles quedará máis remedio que abandonar todo.

Se a Administración non toma medidas, din que non lles quedará máis remedio que abandonar as fincas e a cria de gando.

Noticias web

20/02/2020