CRTVG

Buscar

O lobo ataca un poldro a beira dunha casa en Monfero

Publicado o 04/07/2019 13:33

Os veciños do lugar da Eive, en Monfero, teñen medo despois do último ataque do lobo. Feriu un poldro de dous meses a menos de 50 metros da súa casa. Malia ser a primeira vez que sofren danos na aldea, na contorna son moitos os casos de ataques a animais. Un poldro duns dous meses apareceu ferido nunha pata dianteira e outra traseira. A dona achegouse para alimentar aos animais e xa lle veu unha ferida. Máis tarde escoitou os cabalos rinchar e atopou os animais de volta cara a casa.

O poldro atopábase nesta leira, a uns 50 metros da vivenda dos donos, xunto á súa nai. Preto habiía outras eguas e tres poldros máis. Atribúen as feridas a un ataque dun lobo solitario. Din que se foran varios non deixaban nada. Temen que volva tentalo. Mentres os danos corren da súa conta coma os da veterinaria.

Teñen as bestas para que a leiras que hai ao redor da vivenda non acaben a monte, e evitar que os animais salvaxes lles cheguen as portas da casa. De momento xa soltaron os cans para defender as leiras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019