CRTVG

Buscar

O Liverpool, campión da Premier League

Publicado o 25/06/2020 23:52
O Liverpool, campión da Premier League

Os afeccionados do Liverpool saíron este xoves á rúa para celebrar o título de campión da Premier League que conseguiron por primeira vez nos últimos trinta anos. Armados con bandeiras e bengalas, os afeccionados do club inglés amontoáronse nos arredores do estadio de Anfield, onde comezaron a celebrar pola noite o trofeo. O Liverpool alzouse campión da liga inglesa por primeira vez desde a tempada 1989-1989 tras a derrota do Manchester City a mans do Chelsea.

Jürgen Klopp, adestrador do Liverpool, pediu aos afeccionados mesura coas celebracións debido á situación actual co coronavirus. O alemán avogou porque se celebrase na casa e que, como moito, os afeccionados saian ao portal dos seus domicilios.

Noticias web

25/06/2020