CRTVG

Buscar

O litro de gasóleo e de gasolina de 95 octanos baixa do euro en moitas gasolineiras galegas

Publicado o 03/05/2020 21:38

Cómpre ter memoria privilexiada para lembrar prezos coma estes. Na Coruña, o prezo do litro de gasóleo baixa do euro en practicamente a metade das estacións de servizo e sucede o mesmo coa gasolina de noventa e cinco octanos.

"Sorprendinme porque ao non botar gasolina estes días polo confinamento non o tiña moi controlado", comenta unha condutora.

Ricardo Fernández traballa nunha gasolineira. Explica que "a xente que vén sorpréndese porque quere botar 50 euros como facía antes e agora non lles entran. Nese aspecto nótase, pero claro, hai moito menos coche".

Esta tendencia á baixa mantense desde o inicio do estado de alarma. Os prezos foron caendo igual que caeu necesariamente o consumo polas estritas restricións de mobilidade. Na estación de servizo que atende Javier Orejuela "o gásoleo baixou moito. Tiñámolo a un vinte e tantos e agora témolo a 0,87 euros. Foi empezar o confinamento e aos poucos días comezou a baixar o prezo gradualmente". 

A reactivación de sectores como a construción empeza a notarse na actividade das gasolineiras. Nesta calculan que xa recuperaron o 50% do volume de traballo habitual.

Noticias web

03/05/2020