CRTVG

Buscar

O litoral, en aviso amarelo por fenómenos costeiros e Pontevedra por chuvia

Publicado o 14/02/2018 08:27

Comezamos co tempo. Hoxe agárdanos un día inestable. Agárdanos moita chuvia, vento e fortes ondas no mar.

Galicia está hoxe baixo a influencia de varias borrascas atlánticas que continuarán deixando nas próximas horas intensas precipitacións e vento forte. Ata esta tarde, hai aviso amarelo na provincia de Pontevedra e no oeste e suroeste da Coruña por choiva. Tamén están activados avisos por refachos e por ondas. 

Galicia está hoxe baixo a influencia de varias borrascas atlánticas que continuarán deixando nas próximas horas intensas precipitacións e vento forte. Ata esta tarde, hai aviso amarelo na provincia de Pontevedra e no oeste e suroeste da Coruña por choiva. Tamén están activados avisos por refachos e por ondas. 

O martes de Entroido estivo pasado por auga en toda Galicia e a previsión é que siga así toda a semana. Onte, a choiva foi a gran protagonista. Coma sempre, Fornelos de Montes foi onde máis choveu nas últimas horas. Máis de 65 litros por metro cadrado. Pero tamén houbo rexistros de 57 litros no concello ourensán de Beariz ou 55 litros na Estrada.

Ata as tres da tarde de hoxe está activado o aviso amarelo por precipitacións na provincia de Pontevedra e no oeste e suroeste da da Coruña porque poden acumularse, outra vez, máis de 40 litros por metro cadrado en doce horas. Tamén hai aviso por refachos de máis 80 quilómetros por hora na Mariña de Lugo e no litoral coruñés. Xa onte, o vento deixaba rexistros próximos aos 100 quilómetros por hora en toda a costa, e mesmo houbo refachos de 119 en Estaca de Bares. 

Na costa, Meteogalicia ten activado ata as seis da tarde o aviso amarelo por mar axitado con ondas de catro metros. En Fisterra só saíu un barco. En Muros, quedou amarrada a maioría da frota de baixura. 

En Vigo houbo que suspender o tráfico de pasaxeiros co Morrazo, aínda que os de Moaña puideron saír. Para mañá, a cousa na costa ponse peor. Haberá aviso laranxa entre as doce do mediodía e as doce da noite, por mar de fondo do noroeste con ondas de 5 a 6 metros en todo o litoral galego. Dos 55 días que levamos de inverno, xa choveu 33 deles. Un 35% máis ca no mesmo período do ano pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018