CRTVG

Buscar

O litoral atlántico, a 30 graos

Publicado o 28/05/2020 21:32

Praias cheas de xente, así están desde ben cedo. Ben parece unha imaxe do mes de xullo, pero non, estamos aínda en maio. A calor parece non distinguir entre primavera e verán. E así está toda a costa atlántica, abafando, ata os termómetros acoran coa calor.

Na costa, as Rías Baixas volveron levar a palma en temperaturas. En Pontevedra foron 33 graos e 32 en Vigo. Iso si, o mar botou unha man cun pouco de brisa. E os baños deron a vida. De Fisterra para riba non houbo ventiño, calmou o nordés e aumentou a sensación de calor.

Na Coruña, a temperatura máxima foi de 30 graos, e tamén en Ferrol. A calor non acaba aquí, segue. Pero nunca chove, ou, mellor neste caso, nunca vai calor a gusto de todos...


 

Noticias web

28/05/2020