CRTVG

Buscar

O límite dos aforamentos ou a estrutura territorial, cuestións a debate da CE

Publicado o 06/12/2018 15:04

A celebración do aniversario da Constitución pon sobre a mesa, un ano máis, o eterno debate sobre a reforma da Carta Magna. Neste último ano, houbo máis propostas ca nunca para modificar a lei fundamental, nun momento político especialmente complexo. Analizamos en detalle dúas das reformas máis cuestionadas: a supresión dos aforamentos e as competencias autonómicas. 

O anteproxecto de reforma do Executivo pretende limitar o aforamento de membros do Goberno, deputados e senadores a delitos cometidos no exercicio das funcións propias do cargo. En contra, ten a oposición. Podemos pide estender a medida aos membros da familia real. En Ciudadanos critican que a proposta deixe fóra os delitos relacionados co exercicio do cargo. Para o PP, a reforma debe ser para todos ou para ninguén. O aforamento está plenamente xustificado para o catedrático de Dereito Constitucional, Roberto Blanco Valdés.

O conflito con Cataluña e as esixencias independentistas acenderon o debate sobre a estrutura territorial de España. O actual contexto político dificulta o consenso para abordar calquera reforma en materia territorial.

Para Blanco Valdés, un gran acordo permitiría abordar debates pendentes como a necesaria reforma do Senado ou aclarar o sistema de distribución competencial.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018