CRTVG

Buscar

Os líderes europeos reuniranse o 28 de maio para iniciar a renovación de cargos

Publicado o 09/05/2019 21:16

O cumio de líderes europeos que abandonou Pedro Sánchez ante o agravamento da saúde de Rubalcaba comezou a analizar a renovación de cargos para a próxima lexislatura. A xuntanza, na cidade rumana de Sibiu, foi un anticipo da que manterán só días despois das eleccións europeas. Está en xogo quen presidirá a Comisión Europea, o Consello, o Banco Central Europeo e o nomeamento do responsable da politíca exterior común. Os líderes europeos deberán buscar o equilibrio entre países grandes e pequenos, do norte e do sur e as familias políticas que se conformen tras os comicios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019