CRTVG

Buscar

O líder dos socialistas galegos acusa a Feijóo de "atacar a sanidade pública"

Publicado o 11/08/2021 15:24

O líder dos socialistas galegos acusou hoxe o presidente da Xunta de buscar a confrontación permanente co Goberno central mentres desatende a Sanidade Pública na nosa comunidade. Para Gonzalo Caballero, "non pode ser que existan bisbarras de Galicia en que haxa que esperar ata 26 días para conseguir unha cita en Carballo na atención primaria, ou 20 días en Tui, non é de recibo".

O secretario xeral do PSdeG considera que se trata "dun ataque á sanidade pública galega por parte do PP".

 

Noticias web

11/08/2021