CRTVG

Buscar

O líder do PSdeG cre que Fitur vai marcar o punto de partida para a reactivación do turismo galego

Publicado o 20/05/2021 15:04

O líder dos socialistas galegos visitou Fitur e destacou a potencialidade turística de Galicia. Gonzalo Caballero dixo que esta feira vai marcar o punto de partida dunha nova etapa de reactivación económica, en que o turismo vai xogar un papel fundamental.

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG: "A medida que se está reactivando certa normalidade, hai que potenciar un turismo seguro, con prudencia, que lle permita ao sector turístico desenvolver o seu potencial, recuperar os niveis de emprego e favorecer o desenvolvemento económico do noso país"

 

Noticias web

20/05/2021