Caballero di que o futuro de Ence non muda coa Lei de cambio climático
Publicado o 09/04/2021 14:59
A Lei de cambio climático que prexudica milleiros de empresas situadas na costa galega entra no Senado. O líder dos socialistas galegos cre que a lei supón un avance necesario cara á sostibilidade, e defende que esta norma non condiciona o futuro de Ence.
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG: "A situación de Ence non cambiou coa aprobación da Lei de cambio climático. O tema está xudicializado, pendente dunha sentenza que aclare se a prórroga que lle deu o PP en tempo de desconto é legal ou é ilegal".