O líder Breogán visita o tamén invicto Barcelona nunha cancha na que nunca gañou
Publicado o 25/09/2021 14:26
O Río Breogán afonta o máis difícil aínda. Defende o liderado na pista doutro invicto, dun subcampión de Euroliga, do actual posuidor do título, dun Barcelona que este ano volve ser o favorito para todo.
Chega co exquisito padal do partido realizado en Buegos. Encontro case perfecto, no que non houbo Musadependencia. A férrea marcaxe ao bosníaco foi aproveitada polos compañeiros.
E que dicir dos irmáns Quintela. Erik e Sergi móvense na ACB como se acumulasen partidos e partidos na máxima categoría. De nai catalá, os Quintela teñen un encargo que cumprir.
Son 21 visitas ao Palau e cero vitorias. É a única cancha clásica que aínda se lle resiste ao Breogán. Na temporada 2005-2006 estivo a piques de facelo. Quen sabe se toca hoxe.