O Liceo xoga contra o Barça e o Benfica na procura da coroa continental
Publicado o 08/04/2021 20:21
Viaxa o Liceo a Portugal á busca dun desquite. A última vitoria do Barcelona na Coruña deixou unha conta pendente. "Temos ganas de vinganza e que mellor que facelo no primeiro partido da Champions. Nós imos a gañar, a facer o máximo posible como xa fixemos na súa casa", lembra César Carballeira. No Palau gañaran os verdes. Desta volta, trátase do máis difícil aínda: teñen que desbancar o Barça e tamén o Benfica para optar ao título europeo.
"É un soño, para min e para o resto do equipo e imos cunha ilusión e unhas ganas tremendas", di o xogador liceísta.
Os mellores, co billete para a final a catro en xogo. Dous auténticos partidazos que poderán seguir mañá e pasado pola G2.