CRTVG

Buscar

O Liceo xoga co Reus unha das semifinais da Supercopa

Publicado o 13/09/2018 21:41

Comeza o hóckey oficial coa Supercopa, un prato forte en que o Liceo intentará reencontrarse cos títulos que non puido acadar a temporada pasada.

A competición chega este ano con cheiro a desquite. Na semifinal, que poderemos ver na nosa segunda canle, agarda o Reus que pechou as portas da última final a catro europea cunha remonta. Se gaña, o Liceo podería cruzarse co Barcelona que lle gañou a OK Liga, en parte, grazas a este polémico gol anulado en Riazor. O formato da Supercopa reduce a diferenza orzamentaria.

Dúas vitorian separan o Liceo da que sería a súa segunda Supercopa dous anos despois.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2018